Gilla Band | |
---|---|
Orixe | Dublín, Irlanda |
Período | 2011 - presente |
Xénero(s) | post-punk, noise rock, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Any Other City, Rough Trade Records |
Membros | Dara Kiely Alan Duggan Daniel Fox Adam Faulkner |
Na rede | |
gillaband.com | |
Gilla Band (anteriormente Girl Band) é unha banda irlandesa de post-punk e noise rock procedente de Dublín. Foi fundada en 2011 e está composta polo vocalista Dara Kiely, o guitarrista Alan Duggan, o baixista Daniel Fox, e o batería Adam Faulkner.
O seu primeiro lanzamento foi o sinxelo de 2012 "In My Head", seguido polo tema "You're a Dog", que fixo que gañansen seguidores tanto en Irlanda como no Reino Unido e un contrato discográfico con Rough Trade en 2015. Ese ano The Irish Times describiunos como "o artista máis fascinante destes lugares na actualidade... [que fai] ruído emocionante, ameazante e excitante".[1]
Ata a data a banda lanzou unha serie de sinxelos e EPs,[2] o aclamado álbum Holding Hands with Jamie (2015), e despois dun oco en 2016-2017 debido a problemas de saúde, editou o influenciado polo techno e o glam The Talkies (2019), e Most Normal (2022).
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search